Cargando resultados...
O Celta segue a remitirse á cláusula para deixar marchar a Gabri Veiga
O Celta segue a remitirse á cláusula para deixar marchar a Gabri Veiga
O Nápoles presentou unha proposta por 30 millóns de euros que os vigueses non consideran
G24.gal
07/08/2023 21:55
O mercado de verán avanza cara á súa fin e Gabri Veiga segue a ter noivas. Unha das que vén insistindo desde hai tempo é o Nápoles italiano. O campión da Serie A puxo enriba da mesa do Celta 30 millóns de euros, segundo informou Fabrizio Romano, pero o cadro vigués continúa remitíndose á cláusula de 40 millóns de euros.
A Premier parecía o mercado máis interesado en facerse cos servizos de Gabri, pero nos últimos tempos arrefriou esa posibilidade. O Nápoles, máis coa posible marcha de Zielinski, vería con moi bos ollos incorporar o porriñés, pero non a calquera prezo.