Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta visita os nenos ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro

O Celta visita os nenos ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro

Tamén participou o corpo técnico que lidera Claudio Giráldez

G24.gal 12/12/2024 18:21 Última actualización 12/12/2024 18:37

Os futbolistas do primeiro equipo do RC Celta visitaron este xoves os nenos e nenas ingresados na planta de Pediatría e Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro, cos que se fotografaron e aos que lles regalaron balóns e bufandas asinadas.

Como adoita ser habitual por ser estas datas, a fundación do club que preside Marian Mouriño organizou esta visita ao centro hospitalario, na que tamén participou o corpo técnico que lidera Claudio Giráldez.

Os xogadores percorreron os cuartos dos pequenos para asinar autógrafos e entregarlles diferentes agasallos. O dianteiro e capitán Iago Aspas foi o xogador máis reclamado polos mozos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar