O Celta visita Mallorca na busca de tres puntos vitais pola permanencia
O Celta visita Mallorca na busca de tres puntos vitais pola permanencia
Tres vitorias nos últimos catro partidos, con pase de rolda na Copa
As baixas castigan os de Benítez, sobre todo nas bandas
O Celta chega a Mallorca entre bromas e no mellor momento da tempada. Os de Benítez suman dúas vitorias nos tres últimos encontros de Liga e lograron o pase de rolda de Copa. Por iso agora hai risas. Así o futuro parece diferente.
Esta tarde toca Mallorca, rival directo polo descenso. Sen Starfelt, Bamba, Cervi. Benítez deberá atopar unha solución ao dilema das bandas. Con todo, recupera a Carlos, que poderá acompañar a Unai no centro da zaga, e Ristic. A lembranza do partido de ida en Vigo segue na memoria celeste.
O Mallorca vén de perder pola mínima no Bernabeu, pero ollo coa súa estatística como local, sólida, oito encontros sen perder en Son Moix, que será estreado hoxe tras a súa remodelación. Aguirre non poderá contar con xogadores fundamentais como Muriqi, autor do gol en Balaídos, Nastasic e Vajlent.
Ás 16:15 horas arranca o Malorca-Celta. Partido importante para deixar atrás os postos perigosos na Liga e centrar a ilusión en Valencia, na eliminatoria de Copa.