Publicador de contidos
Publicador de contidos

O certificado COVID e as máscaras deixan de ser obrigatorios en Inglaterra

O certificado COVID e as máscaras deixan de ser obrigatorios en Inglaterra

As tendas e os supermercados do país, e os operadores ferroviarios, indicaron que continuarán pedindo aos cidadáns que sigan empregando as máscaras

G24.gal 27/01/2022 09:47

O Goberno británico suaviza as restricións pola pandemia e dende este xoves o uso das máscaras e dos certificados COVID deixa de ser un requisito legal en Inglaterra.

As tendas e os supermercados do país, e os operadores ferroviarios, indicaron que continuarán pedindo aos cidadáns que sigan empregando as máscaras a pesar dos cambios introducidos polo Executivo.

Esas normas foron eliminadas tras o compromiso adquirido polo primeiro ministro Boris Johnson de achaiar o camiño cara a unha "completa normalidade". Segundo un portavoz oficial do xefe do líder tory, desde hoxe o uso de máscaras será "unha cuestión de xuízo persoal".

O Goberno tamén matizou que as directrices de saúde pública neste país que instan os británicos a poñeren máscara en lugares ateigados e espazos pechados en que están en contacto con descoñecidos continuarán.

O alcalde de Londres, o laborista Sadiq Khan, indicou que as máscaras si seguirán sendo obrigatorias nos servizos de transporte da capital á vez que instou os cidadáns a "faceren o correcto".

Canto ás organizacións privadas, estas poderán elixir se esixen a presentación do certificado COVID a aqueles que visitan as súas instalacións. Outras normas para deter a propagación da variante ómicron do coronavirus, como a instrución de teletraballar sempre que se poida e o emprego de máscaras por parte dos alumnos de secundaria dentro das aulas, xa foran eliminadas.

A relaxación das restricións entrou en vigor por mor dunha revisión dos datos oficiais a semana pasada, que incluíu a taxa de infeccións, a eficacia das vacinas, as presións da covid–19 ao sistema público sanitario, as ausencias laborais, a conduta pública e as avaliacións dos científicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos