O ciclo 'De lugares e órganos' percorre a memoria musical de Compostela
O ciclo 'De lugares e órganos' percorre a memoria musical de Compostela
Ofrece concertos e actividades en distintos espazos durante a Semana Santa
Cóntannos que a historia dun órgano ha de comezar escoitando o silencio.
"Os organistas cando deseñan un órgano fano en relación a un espazo concreto", sinala Belén Bermejo, directora artística do ciclo.
"O primeiro que ten que facer o organista é entrar no lugar e escoitalo, antes mesmo de empezar a construír o instrumento", subliña o investigador Andrés Díaz.
Atopamos o silencio de San Domingos de Bonaval invadido polo son dunha espineta, un instrumento máis manexable. Na sesión da xornada hai concerto e hai tamén unha charla sobre o compositor e organista compostelán frei Bartolomé de Olagüe. A actividade forma parte do ciclo 'De lugares e órganos'.
"Nalgún momento do século XVII ou XVIII puido haber facilmente máis de 30 órganos en Compostela", apunta Andrés Díaz.
O festival rescata esa memoria de Compostela en música e en espazos.
"Os espazos que nós chamamos de patrimonio silente, os espazos en que noutrora houbo un órgano".
Só na catedral chegou a haber catro ou cinco órganos. Hoxe quedan poucos en Santiago, coma o de de San Paio de Antealtares ou o da igrexa da Universidade. E preguntamos a un organista que se sente cando se toca un órgano.
"É unha sensación moi especial porque un órgano non é só un instrumento, vai tamén ligado a unha arquitectura e un espazo patrimonial con moitos anos de historia", conta o compositor Fernando Buide.
'De lugares o órganos'. Música e outras paisaxes de Compostela.