Publicador de contidos
Publicador de contidos

O circo romano atrae moitos curiosos que participan no Arde Lucus

O circo romano atrae moitos curiosos que participan no Arde Lucus

Romanos e castrexos conviven durante esta fin de semana de festa

O evento está declarado de interese turístico internacional

 

G24.gal 24/06/2023 21:14 Última actualización 24/06/2023 21:24

O circo romano non pode faltar nunha festa que exalta o pasado de Lugo.

Calquera recuncho da cidade convértese en escenario da festa, que este ano ademais estrea o recoñecemento de interese turístico internacional. No campamento de Lucus Equites enfróntanse romanos e castrexos.

No de Trebas Galaicas unha asociación lusitana amosa armas antigas.

Tamén se pode acuñar moeda ou ser testemuña dunha sesión do Senado.

O aspecto culinario está representado polas tapas que hostaleiros locais elaboran inspiradas na gastronomía romana. É unha das novidades desta festa que conta ano tras ano coa implicación dos asistentes. 

Ata o domingo aínda se pode gozar da convivencia de romanos e castrexos no Arde Lucus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar