O CIS aumenta a vantaxe do PSOE sobre o PP a 5,5 puntos
O CIS aumenta a vantaxe do PSOE sobre o PP a 5,5 puntos
A enquisa atribúe aos de Alberto Núñez Feijóo unha caída dun punto e medio nun mes
O Barómetro de Opinión do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de novembro, dado a coñecer este venres, amplía a 5,5 puntos a vantaxe do PSOE sobre o PP ao atribuír aos de Alberto Núñez Feijóo unha caída dun punto e medio nun mes.
En concreto, o PSOE aparece cunha estimación de voto do 32,7 por cento, exactamente o mesmo ca o mes anterior, pero pode ampliar a súa vantaxe porque o PP baixa punto e medio, do 28,7 % de outubro ao 27,2 deste mes.
Quen sobe no último mes, segundo o CIS, é Vox, que chega ao 10,1 %, pero a terceira praza segue en mans de Unidas Podemos, a quen se atribúe unha estimación de voto do 12,2 %.
A enquisa baséase en entrevistas telefónicas realizadas do 2 ao 12 de novembro, tras a ruptura das conversacións para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) e cando empezaba a crecer a polémica pola derrogación do delito de sedición que se aplicou aos líderes do proceso independentista de 2017.
O 39 por cento dos españois considera o Partido Popular como o principal responsable de que non se chegou a un acordo nas negociacións do Poder Xudicial fronte ao 21 por cento que culpa o PSOE.