O Cisne cae en Torrelavega e queda sen marxe de erro
O Cisne cae en Torrelavega e queda sen marxe de erro
Perdeu unha oportunidade de achegarse á salvación cando faltan catro xornadas para o final da Asobal
O Cisne Balonmán perdeu na pista do Torrelavega (32-26) e queda, como pouco, a catro puntos da salvación dependendo do que fagan os rivais directos. Unha situación moi comprometida se temos en conta que só hai oito puntos en xogo.
Sabían os galegos o moito que se xogaban e na primeira metade realizaron un gran partido manténdose durante moitos minutos por diante no marcador. Ben é certo que as diferenzas nunca foron meirandes de dous goles (9-11) e que ao descanso se chegaba con empate (12-12).
No segundo tempo mudou a dinámica xa de inicio cun parcial de 5-0 a prol dos cántabros que resultou imposible de neutralizar. O Torrelavega colleu esa marxe e xa non a soltou. Como moito púxose a tres goles (27-24) a cinco minutos do final pero nunca deu a sensación de poder remontar o encontro.