Cargando resultados...
O comercio agarda que as rebaixas palíen a caída das vendas
O comercio agarda que as rebaixas palíen a caída das vendas
Aseguran que o tempo e a situación económica reduciu a compra de roupa e calzado
G24.gal
19/06/2023 14:29
A venda de roupa caeu ao redor dun 6 por cento durante o último mes, segundo datos do sector. A continua chuvia das últimas semanas desanimaron aos compradores afectados tamén pola inflación.
O encarecemento da cesta da compra, xunto con outros gastos como a hipoteca ou os combustibles, leva ás familias a recortar en cousas máis prescindibles como a roupa ou o calzado.
As grandes cadeas comezaron xa a ofrecer descontos e arrastrados por elas o pequeno comercio que confía en que as rebaixas consigan impulsar as vendas.