Publicador de contidos
Publicador de contidos

O comité de empresa denuncia que Alcoa pide aprazar o prearranque "sen garantías"

O comité de empresa denuncia que Alcoa pide aprazar o prearranque "sen garantías"

Representantes do comité de empresa de Alcoa San Cibrao mantiveron este mércores a reunión solicitada pola dirección para trasladarlles a súa petición do aprazamento

A Xunta pídelle á empresa que sexa transparente sobre o futuro da fábrica e garanta a continuidade do emprego

G24.gal 24/01/2024 13:04 Última actualización 24/01/2024 20:59

O futuro de Alcoa-San Cibrao segue no aire. Representantes do comité de empresa mantiveron este mércores a reunión solicitada pola dirección da compañía para pedirlle á parte social que acepte un atraso no rearranque da fábrica de aluminio primario, concretamente das 32 primeiras cubas, que estaba previsto para o día 1 de abril, sen ofrecer "ningún tipo de garantía", polo que non aceptaron a petición da empresa.

No comité manteñen que admitir ese atraso poría en risco os seus empregos. Na xuntanza viron pouca vontade de avances. Din que Alcoa mente cando di que non retoma xa a produción, como estaba pactado, por un problema económico derivado do elevado prezo da enerxía

“En definitiva”, engade o comité, solicitou permiso para “o incumprimento do acordo de viabilidade da planta de aluminio” sen ofrecer a cambio “ningún tipo de garantía”

A ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, non dubidou en culpar a Xunta de que o Goberno non puidera conceder en prazo as autorizacións para cinco parques eólicos destinados a xerar enerxía máis barata para a fábrica de San Cibrao.

A conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, reuniuse esta tarde en San Cibrao cos traballadores de Alcoa. Lorenzana pediulle á empresa que sexa transparente sobre o futuro da fábrica e garanta a continuidade do emprego.

A conselleira pide non desviar a atención e reclama traballo conxunto

 A seguinte cita clave será este venres coa xuntanza de todas as partes nunha nova mesa de seguimento convocada polo Ministerio de Industria en Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade