O Compostela perde en Torrelavega nun partido decidido en media hora (2-0)
O Compostela perde en Torrelavega nun partido decidido en media hora (2-0)
Os madrugadores goles de Primo (3') e Chus (30') deixaron sen opcións os galegos
A derrota acaba cunha serie de sete partidos sen perder
O Compostela perde o paso na súa lota por meterse nos postos de privilexio da Segunda Federación. O equipo de Antón Permuy deu un paso atrás en Torrelavega, no campo dun equipo que colle aire, pero que segue na zona de descenso.
A Ximnástica resolveu o choque pola vía rápida. Aos dous minutos abría a conta Primo, que non celebrou o tanto contra o seu exequipo, logo de adiantarse de xeito sorprendente nun centro ao primeiro pau.
O gol deixou tocados aos santiagueses e, á media hora, chegou o segundo. Chus, cun potente disparo pola escuadra desde fóra da área, anotou un 2-0.
O Compostela xerou algunhas ocasións de perigo durante a segunda metade, pero non chegou a inquietar nin nun centro de Álvaro Casas que rematou desviado Ocaña, nin nunha ocasión de Cinta despois dun mal saque de portería por parte do porteiro local Miguel Sanz, que acabou mancado.
Non chegou o gol do Compostela, pero si a expulsión de Álvaro Casas no tempo engadido. Coa derrota, o conxunto santiagués queda a dous puntos da zona de promoción.