Publicador de contidos
Publicador de contidos

Santiago decreta o peche dun pub por irregularidades urbanísticas

Santiago decreta o peche dun pub por irregularidades urbanísticas

Os técnicos constatan obras de acondicionamento do local realizadas sen licenza

Satisfacción entre os veciños por ver cumprida unha das súas reivindicacións

Marta González Salve 30/12/2021 13:43

Os veciños da rúa Alfredo Brañas, unha das que concentra boa parte da movida nocturna compostelá, acollen con satisfacción a decisión do Concello de pechar o pub The Capital. 

Foi a denuncia dun veciño do bloque onde se sitúa o pub o que propiciou a reapertura dun expediente por irregularidades que se remonta ao ano 97. As recentes inspeccións do arquitecto municipal desvelaron obras no interior realizadas sen licenza, carencia de sonómetro e deficiencias na sinalización das saídas de emerxencia, entre outras ilegalidades que non se axustan ao permiso de apertura concedido no ano 1984.

Este peche, sumado á sentenza que hai uns días obrigaba a reducir a ocupación doutro dos locais de ocio da mesma rúa, fai pensar aos veciños en poder recuperar a tranquilidade e no regreso dos que se viron obrigados a marchar.

Para iso, aseguran, aínda lles queda unha batalla por gañar.

Din que seguirán loitando para acadar a tranquilidade que perderon hai moitos anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos