Publicador de contidos
Publicador de contidos

O concello ourensán de Laza rexistra un tremor de terra de magnitude 2,4

O concello ourensán de Laza rexistra un tremor de terra de magnitude 2,4

Tivo lugar ás 22:43 horas da pasada noite e a pesar da súa escasa profundidade, non foi sentido polos veciños

Imaxe do Instituto Xeográfico Nacional Imaxe do Instituto Xeográfico Nacional
G24.gal 18/03/2024 19:06

O Concello Ourensán de Laza rexistrou o domingo á noite un tremor de terra de magnitude 2,4 a tan só un quilómetro de profundidade.

Así o reflicten os datos recollidos polo Instituto Xeográfico Nacional.

O tremor tivo lugar ás 22:43 horas da pasada noite e, a pesar da súa escasa profundidade, non foi sentido polos veciños.

É o segundo tremor da fin de semana en Ourense, xa que o sábado á primeira hora da mañá o concello do Barco de Valdeorras rexistraba un sismo de 1,6 de magnitude, a 15 quilómetros de profundidade.

O venres, o municipio lucense de Sarria rexistraba un terremoto de 3,7 graos de intensidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar