O condutor do triplo atropeo mortal de Cantabria triplicaba a taxa de alcoholemia
O condutor do triplo atropeo mortal de Cantabria triplicaba a taxa de alcoholemia
Tamén deu positivo en cánnabis cando perdeu o control do vehículo e levou por diante tres persoas
O condutor do triplo atropelo mortal de Cantabria case triplicaba a taxa de alcoholemia e deu positivo en cánnabis.
O home, de 73 anos, perdeu o control do vehículo e invadiu a zona peonil próxima a un cámping atropelando tres persoas.
As vítimas son unha muller de 42 anos e o seu fillo de 19, veciños de Sestao, e unha veciña da Rioxa de 68.
Os tres eran clientes habituais do cámping situado a escasos metros do lugar do triplo atropelo.
Segundo testemuñas presenciais, o vehículo involucrado circulaba a unha velocidade excesiva cando o condutor perdeu o control e saíu da vía invadindo a zona peonil, moi concorrida neses momentos.
"E dous dos tres falecidos saíron despedidos e un quedou na estrada, o rapaz, e os outros dous saíron voando polo aire e apareceron no estacionamento do cámping".
"Baixei abaixo atender os outros dous, tiñan pulsacións febles e a única que podía ter un pouco de vida sería a máis nova, pero víase que, antes ou despois, falecería".
As análises posteriores confirmaron que o condutor, de 73 anos, case triplicaba a taxa de alcol permitida e deu positivo en cánnabis.
O home, que está ingresado nun hospital, permanece detido e esta sendo investigado polos delitos de homicidio imprudente e condución temeraria baixo os efectos de alcol e drogas.