Cargando resultados...
O Congreso dos EUA aproba suspender ata 2025 o teito de débeda
O Congreso dos EUA aproba suspender ata 2025 o teito de débeda
O proxecto pasará ao Senado, de maioría demócrata, a cinco días de que se alcance a data límite
O proxecto votarase a vindeira semana no Senado, de maioría demócrata
G24.gal
01/06/2023 08:07
A Cámara de Representantes dos Estados Unidos aprobou esta noite suspender o teito de débeda a cambio de recortes ao gasto público. Un respiro para o Goberno Biden, porque o acordo deixa en suspenso o teito de 31 billóns de dólares, para que a Administración poida seguir pedindo préstamos e afrontando as obrigacións de pagamento.
Agora, o proxecto pasará ao Senado, de maioría demócrata, a cinco días de que se alcance a data límite marcada polo Departamento do Tesouro para que se esgoten as arcas públicas. O acordo definitivo é imprescindible para evitar a entrada do país en suspensión de pagos.