Publicador de contidos
Publicador de contidos

O congreso Innova FP Amosa no Gaiás os proxectos innovadores da FP galega

O congreso Innova FP Amosa no Gaiás os proxectos innovadores da FP galega

Exhiben tamén as iniciativas emprendedoras que realizan os centros de Formación Profesional en Galicia en colaboración con empresas e institucións

G24.gal 25/04/2024 14:28

Desde estacións meteorolóxicas ata máquinas que axudan na industria alimentaria, institutos e alumnos de Formación Profesional de toda Galicia amosan nesta feira os seus proxectos innovadores.  

Aproveitan residuos de plástico para facer o fío co que traballan as impresoras 3D, ou ofrecen  respostas a problemas reais, por exemplo, da industria alimentaria ou o sector primario. 

Os de automoción achegan asistentes para reparar avarías nos coches eléctricos e os da sección da competición van probando nun simulador para preparar o seu Fórmula 3.

Tamén hai unha moto de combustión que se transforma en eléctrica e unha bicicleta que xera hidróxeno; proxectos como a lavadora automatizada de grelos ou un simulador de urxencias extrahospitalarias, ademais de novas propostas en imaxe e son.

En total son máis de 4.000 metros de innovación realizada desde a Formación Profesional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade