Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Consello da Cultura Galega celebra o seu corenta aniversario este sábado

O Consello da Cultura Galega celebra o seu corenta aniversario este sábado

Faino renovando o seu compromiso coa defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego

G24.gal 07/07/2023 17:33

O Consello da Cultura Galega fai este sábado, 8 de xullo, corenta anos desde a firma da lei que fixo posible a súa creación, e faino renovando o seu compromiso coa defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, dos seus dereitos á cultura, do seu dereito e obrigación de facer visible e transmitir a herdanza cultural".

Así o puxo de manifesto a súa actual presidenta, Rosario Álvarez, na súa intervención no acto celebrado este venres co que a institución celebrou os seus corenta anos de existencia.

Durante o acto, o presidente da Xunta e presidente de honra do Consello da Cultura Galega, Alfonso Rueda, lembrou que a creación da institución cultural foi unha das primeiras decisións dos "pais da autonomía" no propósito de situar a cultura galega "nun lugar preeminente da nova Galicia que se comezaba a construír". "Un piar fundamental do que tiña que ser a Galicia do futuro", subliñou o máximo mandatario galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar