O Consello Electoral de Venezuela ratifica que Maduro foi reelecto co 51,95 % dos votos
O Consello Electoral de Venezuela ratifica que Maduro foi reelecto co 51,95 % dos votos
Os Estados Unidos recoñecen a vitoria de Edmundo González
Os 10 candidatos que participaron nos comicios comparecían este venres no Tribunal Supremo de Xustiza
Maduro gañou as eleccións, ratificou o Consello Electoral de Venezuela coa lectura dun segundo comunicado con datos da votación, e a Maduro dálle máis do 50 por cento dos votos.
Chega isto despois de que os Estados Unidos pasaron de esixir a publicación das actas oficiais a recoñecer o candidato da oposición de Venezuela como gañador das eleccións. O secretario de Estado, Antony Blinken, sinalou nun chío que as probas son rotundas sobre a derrota de Maduro.
Tamén foron dicindo que recoñece a vitoria de Edmundo González países coma O Uruguai e A Arxentina.
O martes foi a última ocasión na que apareceu en público a líder da oposición venezolana. María Corina Machado pasou á clandestinidade porque di temer pola súa vida. Este venres, a través dun vídeo, chamou a unha gran mobilización na rúa este sábado.
Maduro di que hai 1.200 detidos e que buscan 1.000 persoas máis. Anunciou que terá dúas novas prisións de máxima seguridade en 15 días.
Familiares de detidos durante as protestas denuncian que o Estado impide que sexan asistidos por avogados privados. E a muller do dirixente opositor Freddy Superlano, detido o martes, fala de represión e torturas.
Os dez candidatos que participaron nos comicios entraban este venres no Tribunal Supremo de Xustiza para comparecer.