O Consello Xeral do Poder Xudicial non chega a un acordo para elixir presidente
O Consello Xeral do Poder Xudicial non chega a un acordo para elixir presidente
Este mércores volverá someterse a votación
Os vinte vogais do novo Consello Xeral do Poder Xudicial non conseguiron chegar a un acordo este martes para nomear o que será o seu presidente e o do Tribunal Supremo.
Sobre a mesa había sete candidatos que propuxeron eles mesmos a semana pasada.
Este mércores volverán reunirse ás 10.00 horas para elixir entre as candidaturas con máis apoios: as dos maxistrados do Tribunal Supremo Pilar Teso e Pablo Lucas, ambos os considerados do sector progresista.
Este luns producíronse sete roldas de votación, xa que ningún candidato alcanzou a maioría suficiente de tres quintos -doce votos- para ser nomeado presidente.
Nas sucesivas votacións fóronse eliminando os nomes con menos apoios e quedaron finalmente vivas as candidaturas de Teso e Lucas. Pero ningún dos dous logrou os tres quintos nas dúas votacións finais celebradas este martes.
De acordo co sistema que acordaron os propios vogais na súa sesión constitutiva, se na votación deste mércores non conseguen os apoios esixidos pola lei, reiniciarase o proceso e volverán someterse a votación as sete candidaturas.