Publicador de contidos
Publicador de contidos

O consumo de aceite de oliva cae un 15 % en favor de alternativas máis baratas

O consumo de aceite de oliva cae un 15 % en favor de alternativas máis baratas

Os prezos disparáronse ata os 9,40 euros o litro de virxe extra

As previsións para a vindeira colleita non son boas, polo que podería seguir subindo

 

G24.gal 23/08/2023 14:32

O aceite de oliva é hoxe un 40 % máis caro ca hai un ano. "É un disparate, e din que vai subir máis"; "A case dez euros o litro de virxe extra, eu nin o miro", din algúns consumidores.

Pasou de ser un básico da compra a un produto case de luxo. Por iso cae o seu consumo e medra o doutras alternativas máis baratas. "Eu uso o xirasol para fritir e o de oliva resérvoo para ensaladas e aliños en cru", explica unha muller á porta dun centro comercial.

A seca provocou a escaseza de produto no campo e a conseguinte escalada de prezos no mercado. As previsións para a vindeira colleita non son boas, polo que o prezo do aceite podería seguir subindo.

"Ata onde vai chegar o prezo? Non o sabemos, é cuestión de oferta e demanda e hai moi pouco produto. Os agricultores levamos arrastrando varios anos moi malos e a próxima campaña non nos dá esperanza porque as altas temperaturas afectaron a floración na primavera", explica Juan Carlos Hervás, técnico da COAG en Xaén.

Aínda que merquen menos cantidade, poucos son os que renuncian a este produto básico. Por iso comeza agora a guerra de prezos entre supermercados, que fan ofertas usando o aceite como reclamo para captar novos clientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade