Publicador de contidos
Publicador de contidos

O convento franciscano de Herbón acolle un museo de arte sacra

O convento franciscano de Herbón acolle un museo de arte sacra

Mostrará sobre todo pezas da época do Seminario no século XVIII

A partir de setembro sumarán a visita ao museo ás da igrexa e á horta do convento

 

G24.gal 09/08/2022 15:24

O actual convento de Herbón correspóndese sobre todo coa súa época de maior esplendor no século XVIII. A orde está transformando a parte alta do claustro, restaurado o ano pasado coa axuda da Consellería de Cultura, nun museo onde se poden ver valiosas pezas de valor desa época. Preténdese crear un incentivo máis nese espazo e facelo accesible ao público.

O obxectivo é que o visitante descubra tamén o resto da historia do convento desde os comezos en 1396, íncluída a época de intensa relación con América cando foi colexio de misioneiros e propiciou un intercambio que determina aínda hoxe a economía local, xa que foron os que trouxeron a semente do recoñecido pemento de Herbón.

Hoxe avanzáronlle o plan museístico ao conselleiro de Cultura e contan que a partir de setembro estará aberto para a todos os que o queiran visitar, xunto co resto das dependencias que xa se poden ver do convento, como a igrexa ou a horta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos