O xornalista que contou para a TVG a invasión de Ucraína, premiado pola Asociación de Medios de Información

AMI premia 55 correspondentes españois que están ou estiveron en Ucraína para informar da invasión rusa
A Asociación de Medios de Información premia 55 xornalistas españois que cobren ou cubriron a guerra en Ucraína.
Entre eles está o xornalista que colaborou coa TVG, Marcos Méndez Moreira, que enviou crónicas diarias nas primeiras semanas da invasión rusa. Marcos Méndez, tamén correspondente de El Progreso de Lugo, recibiu o premio esta mañá en Madrid, onde reside actualmente.
A asociación AMI concibiu estes galardóns porque considera que xornalistas, fotógrafos e cámaras arriscan a súa liberdade, a súa integridade física e mesmo a súa vida para informar do conflito.