Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cumio de Paz de Ucraína pecha cunha declaración que non asinan trece países

O Cumio de Paz de Ucraína pecha cunha declaración que non asinan trece países

O documento, subscrito por 80 estados, reclama seguridade nuclear e de tránsito marítimo

Foto de familia do cumio celebrado en Suíza. REUTERS/Denis Balibouse
G24.gal 16/06/2024 14:57 Última actualización 16/06/2024 21:03

O Cumio de Paz de Ucraína, que reuniu preto de 60 líderes mundiais e representantes duns noventa gobernos, finalizou este domingo cunha declaración conxunta que non asinaron trece países.

Declinaron unirse ao documento O Brasil, A India e Suráfrica, que con Rusia e A China forman o grupo de economías emerxentes (BRICS). Tampouco o fixeron MéxicoArmenia, Bahrein, Indonesia, Eslovaquia, Libia, Arabia Saudita, Tailandia e os Emiratos Árabes Unidos.

Porén, un total de 80 países subscribiron a declaración, que reclama seguridade nuclear e de tránsito marítimo. Entre eles, a gran maioría dos países da Unión Europea, os Estados Unidos, O Xapón, A Arxentina, Chile e Ecuador.

Ao final do segundo plenario de líderes, celebrado este domingo, o presidente ucraíno Volodimir Zelenski agradeceu a participación das delegacións e que comprendesen que todos estamos interesados en que non haxa perigo procedente das plantas nucleares.

"Estou agradecido de que os participantes nesta conferencia comprendesen isto e a necesidade de restaurar unha seguridade total na planta de Zaporizhzhia, capturada por Rusia (...) Tamén lles agradezo a cada un que nos apoien nos nosos esforzos de garantir unha navegación segura e preservar o fluxo libre de alimentos", asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade