O cumio europeo de emprego en Santiago aborda a democracia no traballo
O cumio europeo de emprego en Santiago aborda a democracia no traballo
Yolanda Díaz preside o encontro de ministros e axentes sociais para abordar o futuro do mercado laboral
O futuro do traballo e do diálogo social debátese hoxe no cumio europeo de emprego que se celebra en Santiago. Ao igual que a semana pasada no encontro do Ecofin, unha vicepresidenta galega exerce de anfitrioa.
Yolanda Díaz instou a reforzar a democracia na toma de decisións nas empresas, e apostou por ir máis alá no diálogo social. Unha necesidade en que coincide o comisario europeo de Emprego.
"Precisamos do diálogo social para manter unidas as persoas e para dicirlles que nos interesan os seus problemas e preocupacións", defendeu Nicolas Schmit.
A ministra coincidiu: "O diálogo social é a chave para ter máis democracia no traballo. Aínda vivimos nun mundo ao revés, en que un fondo de investimento pode entrar e saír nunha empresa dun día para outro mentres que os seus traballadores non poden dicir apenas nada".