O déficit baixa ao 4,8 % en 2022 e mellora o obxectivo acordado con Bruxelas
O déficit baixa ao 4,8 % en 2022 e mellora o obxectivo acordado con Bruxelas
A redución do diferencial entre ingresos e gastos foi posible polo récord de recadación das administracións
O déficit público cae a menos da metade en dous anos desde o 10,1 % rexistrado en 2020
As administracións públicas españolas pecharon 2022 cun déficit do 4,8 % do PIB, por baixo da referencia fixada polo Goberno do 5 % comprometida con Bruxelas.
A redución da diferenza entre ingresos e gastos das administracións foi posible grazas ao impulso da recadación, que rexistrou un máximo histórico de 255.463 millóns de euros, un 14,4 % máis, como consecuencia do crecemento da economía e o emprego, principalmente. Con todo, cinco puntos da alza da recadación explícanse pola inflación.
A ministra de Facenda María Jesús Montero presentou este xoves os datos de execución orzamentaria de 2022 para destacar que "España logrou novamente cumprir cos seus compromisos orzamentarios" por terceiro ano consecutivo grazas ás políticas postas en marcha e á mellora dos ingresos públicos.
Ademais, a ministra afirmou que España é o cuarto país da Unión Europa con maior redución do déficit desde a pandemia, xa que en dous anos caeu á metade, pasando do 10,1 % en 2020 ao 4,8 % en 2022. "É a maior redución do déficit da historia en dous anos", subliñou Montero.
A titular de Facenda puxo en valor que a cifra de peche confirmada este xoves reflicte unha mellora respecto ás estimacións realizadas por analistas internacionais e nacionais e mais polo propio Goberno.
O déficit público acumulado en 2022 situouse en 63.776 millóns de euros, equivalente ao 4,8 % do PIB, por baixo da taxa de 2021 (6,9 % do PIB) e da referencia do Goberno para o ano (5 % do PIB) e por encima das previsións de organismos como a AIReF (4,5 %) ou o Banco de España (4,6 %).
Nese bo camiño coinciden todos os ministros, pero algúns poñen peros. É o caso de Yolanda Díaz. A vicepresidenta primeira e ministra de Traballo recoñece que "queda camiño por percorrer, o que ten que ver coa cesta da compra necesita que sigamos traballando".
Díaz insiste que empresarios teñen que arrimar máis o ombreiro porque "necesitamos medidas que melloren as posibilidades de alimentación das familias españolas" e lembra que as súas marxes de beneficio seguen subindo, tal e como recolle un "informe do Banco de España"