Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo recibe ao Mirandés coa volta de Lucas Pérez

O Deportivo recibe ao Mirandés coa volta de Lucas Pérez

O equipo coruñés despide o ano á busca doutro triunfo en Riazor

Óscar Gilsanz anuncia un partido moi diferente da goleada diante do Castellón

G24.gal 21/12/2024 14:28

O Deportivo despide o ano futbolístico co segundo partido consecutivo en Riazor en so tres días. Reforzado trala goleada ante o Castellón, e equipo coruñés volve xogar en na casa, neste caso ante o Mirandés. Será o domingo ás 9 da noite.

Volve Lucas Pérez ao conxunto de Óscar Gilsanz, logo de cumplir un partido de sanción por acumulación de cartóns. O técnico deportivista felicitouse na previa polo retorno do de Monelos. "A volta de Lucas é unha gran noticia para todos, porque é un futbolista de importancia capital."

Gilsanz agarda un partido moi distinto ao do pasado xoves. "Será un partido diferente do do Castellón polo ritmo de xogo". E alertou dos perigos do Mirandés: "É o terceiro clasificado, e ninguén vai de terceiro por casualidade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar