Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo segue apostando pola canteira coa renovación de Diego Gómez

O Deportivo segue apostando pola canteira coa renovación de Diego Gómez

O centrocampista ourensán prolonga o seu contrato ata o 2030

G24.gal 20/02/2025 21:24

O xogador ourensán Diego Gómez é o terceiro canteirán que prolonga o seu contrato co Deportivo. Diego renovou ata o 2030 despois de regresar da súa cesión ao Arenteiro ao comezo da temporada. De momento non está a ter demasiados minutos pero desde a dirección deportiva amósase unha gran confianza nas posibilidades que ten o interior. 

Primeiro foi Yeremay, despois Mella e Barcia tamén acaba de extender o seu contrato ata o 2028. Xunto con Diego Gómez son os catro xogadores formados en Abegondo que veñen pisando máis forte nos últimos tempos. Detrás, xogadores como o dianteiro Kevin Sánchez ou Adrián Guerrero poden seguir os seus pasos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade