Sánchez defende o feminismo do seu Goberno
Sánchez defende o feminismo do seu Goberno
A lei do 'só si é si', a lei 'trans' e a corrupción centran o debate da sesión de control
A voceira do PP que dixo que o Goberno non pode chamarse feminista cando aprobaron unha lei que beneficiou máis de 730 agresores sexuais, e díxolle a Sánchez que celebre o 8 de marzo pedindo perdón ás mulleres.
Sánchez defendeu as súas políticas a favor da muller, mentres que dixo que o PP acumula recursos no Tribunal Constitucional en contra do dereito das mulleres: "A pesar das diferenzas, o que lles preocupa ás mulleres son as semellanzas do PP coa ultradereita de Vox".
O PP replicou denunciando as rebaixas de penas a agresores sexuais. Tamén denunciou Gamarra que o PSOE se desentende do caso Mediador, no que están implicadas "mulleres prostituídas".
Sánchez afirma que o PP non asumiu que o condenaran por corrupción, e di que cando teñen un caso de corrupción no partido, déixano fóra.
Santiago Abascal, líder de Vox, acusou o Goberno de dedicarse a desprotexer as mulleres con leis como a do 'só si é si' e de aprobar normas que demostran que para o Executivo "as mulleres valen menos que os animais".
O presidente di que España ten un Goberno exemplar en presencia e representación da muller, e que a Abascal reservalle as súas compañeiras a sección femenina de Vox. Sánchez afirmou que o líder de Voz non é un político moi valente ao non atreverse a presentarse como candidato na moción de censura exposta polo seu partido.
As arremetidas non se detiveron co presidente. Seguiron con todos os ministros e ministras. Pero todas seguiron a mesma estratexia. Repeler os ataques con máis ataques. Especialmente dura foi a voceira de Ciudadanos, Inés Arrimadas coa ministra de Igualdade, Irene Montero.
Arrimadas acsou á Irene Montero de "sectarismo, incompetencia e hipocresía" e pediulle que dimita. Montero defendeu un feminismo no que "caben todas" e asegurou que este 8 de marzo as mulleres "van a encher as rúas".