Publicador de contidos
Publicador de contidos

O empresariado advirte da perda de competitividade polo atraso do AVE Vigo-O Porto

O empresariado advirte da perda de competitividade polo atraso do AVE Vigo-O Porto

Os empresarios lamentan que a demora deixa Galicia nunha posición de desvantaxe

G24.gal 21/12/2023 14:41 Última actualización 21/12/2023 14:59

A Unión Europea decide deixar o proxecto na rede básica ampliada e négalle o carácter prioritario que pedía a Eurocámara, polo que a súa execución sufrirá unha demora de dez anos e a alta velocidade entre Galicia e Portugal non chegará ata o ano 2040. 

A alta velocidade mellora as conexións para os pasaxeiros, pero tamén entre os principais portos da fachada atlántica e dos parques empresariais galegos e portugueses. 

A demora anunciada pola Unión Europea preocupa o empresariado galego, que advirte da perda de competitividade.

Seguirán presionando para axilizar o desenvolvemento da liña e advirten da perda do tecido industrial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade