Cargando resultados...
O encoro de Cecebre está tinguido de verde pola presenza de cianobacterias
O encoro de Cecebre está tinguido de verde pola presenza de cianobacterias
As algas son as que están detrás desa cor vistosa
Segundo Emalcsa e a Xunta, a auga é apta para o consumo
G24.gal
26/09/2023 14:29
Tinguida de verde fosforescente, así está estes días a auga do encoro de Cecebre. O motivo da vistosa cor é a presenza de cianobacterias, uns organismos microscópicos que se forman a consecuencia de algas en condicións de estancamento e altas temperaturas, como as destes últimos días de setembro.
Desde que Augas de Galicia detectou este verán a presenza destes microorganismos, activouse unha alerta de seguimento para realizar un control máis intensivo e observar a súa evolución.
O caso é que este fenómeno que se repite todos os veráns non afecta ao consumo. Amais, a auga recibe o tratamento correspondente antes de chegar ás vivendas.