Publicador de contidos
Publicador de contidos

O equipo de Ayuso impídelle ao ministro Bolaños acceder á tribuna de autoridades

O equipo de Ayuso impídelle ao ministro Bolaños acceder á tribuna de autoridades

Tensión entre o Goberno central e o madrileño no acto institucional do 2 de maio

O Partido Popular acusa o Executivo de "faltar á institucionalidade"

G24.gal 02/05/2023 14:52 Última actualización 02/05/2023 15:06

A tensión entre o Goberno central e o madrileño palpábase no ambiente durante o acto institucional celebrado con motivo da festividade do 2 de maio. Todas as olladas estaban postas no ministro da Presidencia. Félix Bolaños acudía ao acto da comunidade sen ser invitado, acompañando a ministra de Defensa e en substitución da de Política Territorial.

Os representantes do executivo central sentaron en primeira fila e os ánimos parecían calmarse, mesmo intercambiaron saúdos co presidente do PP e coa propia Isabel Díaz Ayuso. Aínda así, lanzáronse críticas diante dos micrófonos.

Félix Bolaños lamentaba, diante dos xornalistas, "decepcionar os crispadores, os odiadores, os que xeran odio, os que inventan mentiras para xerar leas, os que viven cómodos no enfrontamento... lamento decepcionar porque non vou dedicar nin un segundo ao tema que se puxo de maneira artificial enriba da mesa".

Pola súa parte, Alberto Núñez Feijóo, presidente do PP, declaraba que "o Goberno de España leva moito tempo faltando á institucionalidade do país". "Paréceme ben que, a pesar de ser un goberno faltón, dende o punto de vista institucional, o ministro e a ministra teñan o seu espazo", engadiu o líder dos populares.

Tras o acto na Real Casa de Correos, saíron ao exterior para o tradicional desfile militar. E aí, volveu escenificarse o choque. O ministro da Presidencia intentou acceder á tribuna de honor, pero o equipo de protocolo de Isabel Díaz Ayuso impediulle o paso.

Finalmente seguiu o desfile dende unha esquina, ao pé da tribuna onde si estaba a ministra de Defensa e tamén o presidente do PP.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos