Publicador de contidos
Publicador de contidos

O escapista Victor Cerro bate en Vigo Ilusiona unha nova marca mundial

O escapista Victor Cerro bate en Vigo Ilusiona unha nova marca mundial

Logrou liberarse das cadeas e saír dun forno de gas a máis de 200 graos tras 21 minutos e 20 segundos

Victor Cerro no momento de abrir a tapa do forno
G24.gal 14/08/2022 09:19 Última actualización 14/08/2022 09:41

En Vigo, o escapista Victor Cerro logrou bater unha nova marca mundial. O estremeño aguantou 21 minutos e 20 segundos no interior dun forno de gas a máis de 200 graos de temperatura. Bate así a súa propia marca que estaba en 18 minutos.

O evento tivo lugar na terraza de Vialia, dentro do Festival de Ilusionismo Galicia Ilusiona e ante un numeroso público sorprendido pola fazaña.  Víctor Cerro ten ademais o récord de permanecer máis tempo no interior dun sarcófago de xeo. Alí permaneceu máis de 4 horas.

O día 20 de agosto estará en Santiago na Alameda no Galicia Ilusiona cun novo desafío extremo. Intentará superar o reto de liberarse das cadeas para saír dun tanque de auga con 500 litros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar