Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Estado de Nova York decreta o estado de emerxencia pola reaparición da polio

O Estado de Nova York decreta o estado de emerxencia pola reaparición da polio

Tamén repuntan no estado a covid e a varíola do mono

Buscan aumentar as baixas taxas de vacinación

G24.gal 13/09/2022 21:03

O Estado de Nova York decreta a emerxencia sanitaria pola reaparición do virus da polio nas augas residuais de diferentes condados. As autoridades queren elevar os baixos índices de vacinación.

A reaparición da polio en Nova York, co primeiro enfermo en case unha década e trazas nas augas residuais, obriga as autoridades para tomar medidas. A gobernadora do estado, Kathy Hochul, decretou o estado de emerxencia para dedicar recursos sanitarios a elevar a taxa de vacinación ata o noventa por cento.

Actualmente, a taxa non chega ao oitenta. A partir de agora e durante un mes, haberá máis centros médicos e farmacias capacitados para fornecer a vacina, e unha campaña informativa do Goberno.

As autoridades sanitarias continúan detectando este virus, que pode alcanzar a espiña dorsal e xerar parálise, nas augas residuais do estado. E sospeitan que podería haber centos de infectados.

A polio súmase así oficialmente a outras dúas repuntas do estado: a de covid e a da varíola do mono.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade