Publicador de contidos
Publicador de contidos

O estado de Nova York eleva aos 21 anos a idade legal para comprar armas semiautomáticas

O estado de Nova York eleva aos 21 anos a idade legal para comprar armas semiautomáticas

A gobernadora demócrata do estado asinou unha decena de leis que restrinxen ademais a venda de chalecos antibalas e prohibe os cargadores de gran capacidade

G24.gal 07/06/2022 08:09

O estado de Nova York elevou de 18 a 21 anos a idade legal para comprar armas semiautomáticas. A gobernadora demócrata do estado asinou unha decena de leis que restrinxen ademais a venda de chalecos antibalas, prohibe os cargadores de gran capacidade e esixe ás redes sociais que supervisen e denuncien as mensaxes de odio.

Nova York, que xa era o estado coa lexislacións máis restritiva para a compra de armas, converte tamén en crime facer unha ameaza de ataque e esixe á policía que comparta e informe sobre as armas confiscadas ás bases de datos estatais e federais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade