Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Eurogrupo reclama axustes orzamentarios para 2025

O Eurogrupo reclama axustes orzamentarios para 2025

Os 20 países do euro preparan a volta á disciplina das regras fiscais

España apura as negociacións para lograr o cuarto desembolso dos fondos europeos

Antón Montero 11/03/2024 21:06 Última actualización 11/03/2024 21:16

O Eurogrupo recoméndalles aos vinte países da moeda única, entre eles España, que conteñan o gasto público e manteñan unha política fiscal prudente no 2025.

Tecnicamente, os países do euro falan dunha "política fiscal lixeiramente contractiva" e "reconstruír colchóns nos orzamentos", un chamamento á prudencia tras a relaxación obrigada pola pandemia e o impacto da guerra de Ucraína.

España e os outros dezanove países da moeda única deberán conter o gasto recollido neses orzamentos. O obxectivo é acelerar a redución do déficit e da débeda pública para encamiñar as contas cara á sostibilidade.

En Bruxelas o ministro de Economía español tamén recoñeceu que estudan pedir só un pagamento parcial dos 10.000 millóns correspondentes ao cuarto tramo dos fondos Next Generation.

Carlos Cuerpo insinuou que o Goberno non vai ter aprobada para o 20 de marzo, data límite, a reforma do subsidio por desemprego.

"Estamos tentando apurar os prazos para chegar a esa avaliación a tempo. Respecto do pagamento parcial ou non, ou se o pagamento virá inmediatamente ou dentro dunhas semanas, creo que é un elemento máis de diferimento temporal do financiamento que, no medio prazo, non ten impacto", dixo o ministro.

Os responsables das finanzas da zona euro amosaron a súa confianza en que a recuperación económica mellore grazas ao descenso da inflación e dos tipos de xuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade