Publicador de contidos
Publicador de contidos

O expresidente Donald Trump declara este martes ante a xustiza en Nova York

O expresidente Donald Trump declara este martes ante a xustiza en Nova York

A policía da cidade, preparada para posibles protestas dos seus seguidores

Trump saíndo da súa mansión en Florida este luns
G24.gal 03/04/2023 19:09 Última actualización 03/04/2023 22:11

O expresidente dos Estados Unidos Donald Trump ten este martes unha cita coa xustiza en Nova York para escoitar os cargos polo caso dos pagos á actriz porno Stormy Daniels.

O Departamento da Policía da cidade afirmou que os seus axentes están "preparados para responder as protestas" previstas pola comparecencia do expresidente.

Asegura que neste momento está a ter "tanto apoio e amor" como antes nunca tivera. E é que toda esta inédita situación, Trump é o primeiro expresidente estadounidense en ser imputado, conseguiu axitar e tensionar a situación política en país.

De feito, foi o propio Trump o que durante días estivo a anunciar o seu inminente arresto, advertindo aos seus seguidores de que isto non era outra cousa que unha "caza de bruxas". Esa mesma foi a mensaxe que deu tras facerse pública a imputación.

Na súa rede Truth Social, Trump asegura agora que o apoio que di estar a recibir é, en realidade, "contra os radicais de esquerda, revoltosos, extorsionadores, políticos lerchos e matóns que están a esnaquizar o noso país".

E neste contexto é como lanzou unha campaña para recadar fondos para a campaña electoral coa que buscará ser reelixido presidente dos Estados Unidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos