Recoñecen a actuación dun militar da Brilat de Pontevedra que acudiu a un veciño nun incendio
Recoñecen a actuación dun militar da Brilat de Pontevedra que acudiu a un veciño nun incendio
O Exército de Terra recoñece nas redes sociais o artilleiro "pola súa meritoria actuación salvando a vida dunha persoa"
Rescatou un veciño de Oroso no incendio da súa vivenda
Aconteceu o 23 de decembro. José Cristián Rivas Vázquez, adscrito ao Grupo de Artillería da Brilat de Pontevedra, chegaba dunhas compras cando escoitou os berros desesperados dun veciño que non podía saír do seu cuarto.
A casa estaba chega de fume por mor dun incendio supostamente provocado por un curtocircuíto. O soldado non o pensou dúas veces e tentou romper a porta cun extintor, non o conseguiu, colleu unha machada e puido entrar na casa e ventilala para que o veciño puidese saír san e salvo.
Hoxe o Exército de Terra recoñeceuno publicamente, a través do seu perfil de Twitter, "pola súa meritoria actuación salvando a vida dunha persoa nun incendio en Sigüeiro (A Coruña)".
Asegura Cristian, encantado co recoñecemento, que o volvería facer e que o adestramento na Brilat lle serviu para manter a calma no momento do suceso.