Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Fabril desperdicia a vantaxe inicial e acaba perdendo en Abegondo (1-3)

O Fabril desperdicia a vantaxe inicial e acaba perdendo en Abegondo (1-3)

O Raio Cantabria tivo moita eficacia no primeiro tempo e foi mellor no segundo

G24.gal 10/09/2023 15:09

O Fabril perdeu ante outro filial, o Raio Cantabria. E iso que o partido comezou ben, cun penalti favorable ao cadro coruñés que transformou en gol Diego Gómez.

O filial do Racing de Santander remontou contra o final do primeiro tempo. No 36 igualou Marcos Bustillo e no 43 Álvaro Santamaría fixo o segundo dos visitantes.

O Fabril buscou o empate no segundo tempo pero as mellores opcións foron do Raio Cantabria. Nunha delas, no minuto 56, Diego Fuentes logrou o definitivo 1-3.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade