O FICBUEU pon en marcha unha residencia para mozos cineastas
O FICBUEU pon en marcha unha residencia para mozos cineastas
A guionista de As bestas titoriza en Ons os guións de catro novos directores
Ata agora o Festival de Curtas de Bueu estaba centrado na exhibición e difusión das curtametraxes, e agora entra de cheo no proceso de produción e guión
Ons, da que Mörling documentou nos anos 70 a vida dos colonos; esa paisaxe de beleza implacable que vimos en 2020 na peli de Zarauza. A illa volve acoller agora un proxecto de cine.
De escenario pasa a laboratorio, porque catro mozos guionistas destilarán aquí os seus guións titorizados por Isabel Peña. Tras o Goya con Sorogoyen, polo guión de As Bestas, a guionista volve a Galicia. Ela mesma participou na última fase da selección dos guións e guinistas das curtametraxes que agora axudará a nacer.
"Hai neles un gran amor por esas historias, que se nota en como están escritas, pero tamén vin unha posibilidade de, quizais, inda da man poidamos chegar a outros lugares, un pouco máis lonxe do que chega o que está escrito agora mesmo no papel", dixo Isabel Peña, guionista e formadora na residencia do FICBUEU .
Terán xuntos una semana para examinar, pulir, explorar o guión, nun contorno único. O FICBUEU dá así un novo paso no apoio ás curtametraxes pasando da difusión á produción.
"Agardamos que durante esta semana poidan mellorarse os proxectos coa idea de que poidamos ter esas películas nas pantallas", desexou Manuel Pena, codirector do FICBUEU.