Publicador de contidos
Publicador de contidos

O G7 estuda introducir topes aos prezos da enerxía para reducir a volatilidade dos custos

O G7 estuda introducir topes aos prezos da enerxía para reducir a volatilidade dos custos

Acordaron novas medidas para garantir a subministración de enerxía

Os líderes mundiais están reunidos en Alemaña

G24.gal 28/06/2022 21:32 Última actualización 28/06/2022 21:40

Os líderes do G7 reunidos en Alemaña acordaron novas e urxentes medidas para garantir a subministración de enerxía. 

Para reducir a volatilidade dos custos, estudan fixar límites aos prezos enerxéticos co fin de reducir esta fonte de ingresos para Rusia pola vía da exportación de hidrocarburos, e minimizar así o impacto negativo da inflación.

Tamén subliñan a disposición do grupo para estabilizar e transformar a economía mundial mentres afrontan o aumento do custo da vida para os cidadáns.

Fontes próximas aos líderes mundiais salientan que vai en aumento a preocupación polo custo da guerra de Ucraína nas súas economías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade