Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Gaiás acolle unha mostra de cen anos de literatura infantil e xuvenil

O Gaiás acolle unha mostra de cen anos de literatura infantil e xuvenil

Unha ollada aos clásicos pero tamén a xéneros como a banda deseñada ou as novas formas narrativas

Historias para todos os públicos que fan parte da nosa memoria cultural en forma de obras infantís e xuvenís

A Biblioteca do Gaiás acolle a exposición ata o mes de maio de 2023

G24.gal 15/11/2022 21:08 Última actualización 15/11/2022 22:09

A Biblioteca do Gaiás acolle unha nova exposición que percorre cen anos da nosa literatura infantil e xuvenil baixo o título de Unha árbore de historias. Un século de esforzo colectivo de autoras, editores e ilustradores cun mesmo obxectivo: que a mocidade galega medrase da man dun imaxinario en galego. 

O percorrido comeza nos anos 20, coa revista infantil As Roladas, impulsada por Ramón Cabanillas, para chegar ata Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, Os soños na gaiola, de Manuel María, ou A galiña azul, de Carlos Casares. Unha ollada aos clásicos inesquecibles pero tamén a outros xéneros, como a banda deseñada ou as novas formas narrativas.

Unha exposición con historias para todos os públicos, que fan parte da nosa memoria cultural en forma de obras infantís e xuvenís. Permanecerá no Gaiás ata maio de 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade