O Goberno asegura que o remate da A-54 é "inminente"
O Goberno asegura que o remate da A-54 é "inminente"
O ministro de Transportes Óscar Puente avanza que o viaduto do Pambre está rematado
Douscentos trinta e cinco traballadores e sesenta e cinco máquinas traballan nos últimos dous treitos
O Goberno asegura que o remate da autovía Santiago-Lugo é inminente. O ministro de Transportes Óscar Puente non quixo dar datas, pero anunciou no Senado a conclusión da parte máis complicada dos 28 quilómetros que faltan para completar a obra.
"Xa estamos rematando no treito Palas-Melide o viaduto sobre o río Pambre", dixo Puente. "Todos os treitos están en execución, a parte máis complexa, que era a construción dese viaduto, está concluída e, por tanto, a conclusión das obras da A-54 son inminentes", engadiu.
Puente explicou que hai 235 operarios e 65 máquinas traballando nos 28 quilómetros de autovía que faltan, correspondentes aos treitos Arzua-Melide e Melide-Palas de Rei. Apelou á prudencia para non comprometerse cunha data de finalización dunha obra comezada hai case 25 anos.