Cargando resultados...
O Goberno canario prevé crear bonos turísticos para atraer visitantes á Palma
O Goberno canario prevé crear bonos turísticos para atraer visitantes á Palma
O volcán de Cumbre Vieja mantén unha actividade intensa
No que vai de xornada rexistráronse case 300 terremotos na illa da Palma
Os expertos prevén que a actividade sísmica continúe durante os vindeiros días
A lava flúe con intensidade dende unha das bocas eruptivas secundarias
ana lois
01/12/2021 19:06
O volcán da Palma mantén este mércores unha intensa actividade. As bocas eruptivas secundarias forman varias coadas que se perciben claramente coa luz do día. Mentres tanto, a boca principal segue mantendo unha forte actividade explosiva, expulsando gases e gran cantidade de bombas. No que vai de xornada producíronse na illa case 300 terremotos e os expertos cren que a actividade sísmica seguirá sendo alta nos próximos días. O Goberno das Canarias prevé crear bonos turísticos para atraer visitantes da península.