O debate sobre o estado da nación será do 12 ao 14 de xullo
O debate sobre o estado da nación será do 12 ao 14 de xullo
Será o primeiro debate sobre o estado da nación desta lexislatura e tamén o primeiro de Pedro Sánchez como presidente do Goberno
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, acudirá con talante "aberto e dialogante" ao debate sobre o estado da nación
O Goberno fixo oficial que o debate sobre o estado da nación terá lugar do 12 ao 14 de xullo e trasladou este venres ao Congreso a comunicación preceptiva para a súa convocatoria.
Foi o ministro da Presidencia, Félix Bolaños, quen, en declaracións aos xornalistas antes de participar nun acto no Ateneo de Madrid, ratificou esas datas, que eran as que se barallaban dende hai semanas.
Será o primeiro debate sobre o estado da nación desta lexislatura e tamén o primeiro de Pedro Sánchez como presidente do Goberno.
Bolaños considerou que vai ser unha oportunidade para que o Executivo explique todas as medidas e políticas que puxo en marcha ao longo da lexislatura para reforzar o estado de benestar e garantir o crecemento económico.
Sánchez acudirá ao debate co talante de esgotar a lexislatura
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, acudirá con talante "aberto e dialogante" ao debate sobre o estado da nación e comprometido a seguir traballando polo "benestar dos españois" ata a fin da lexislatura.
No texto rexistrado no Congreso sinala que o Executivo acudirá "convencido do traballo realizado en favor do benestar dos españois e españolas, ademais de comprometido en seguir traballando neste propósito ata a fin da lexislatura".