Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno destina 4 millóns a aumentar 53 prazas no grao de Medicina en Santiago

O Goberno destina 4 millóns a aumentar 53 prazas no grao de Medicina en Santiago

O Consello de Ministros aprobou o financiamento para 706 novas prazas de Medicina nas universidades públicas

Facultade de Medicina de Santiago (USC) Facultade de Medicina de Santiago (USC)
G24.gal 25/07/2023 16:13

O Goberno anunciou este martes que destina 4 millóns de euros a aumentar 53 prazas no grao de Medicina na Universidade de Santiago (USC) no próximo curso, polo que superará as 410.

O Consello de Ministros avanzou a asignación de 4,07 millóns de euros a Galicia para este fin, dentro dunha partida global de 52 millóns para 706 prazas de Medicina no conxunto do Estado.

Será posible aumentar en 53 prazas as actuais 360 prazas, polo que se serán polo menos 413, aínda que a propia USC xa anunciara un incremento, polo que poderían ser máis.

O Goberno explica, segundo di nun comunicado, que o obxectivo é aumentar o número de estudantes egresados ante as dificultades para cubrir algunhas especialidades como a medicina de familia e comunitaria. 

 O Goberno aprobou este martes un real decreto polo que se regula a concesión de 52 millóns de euros para financiar 706 novas prazas do grao de Medicina nas universidades públicas españolas, o que supón un incremento do 15 %.

Na rconferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros, a ministra portavoz en funcións, Isabel Rodríguez, informou de que con esta medida quérese facilitar o aumento a longo prazo da dispoñibilidade de profesionais de Medicina e frear o déficit en profesionais sanitarios de determinadas especialidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos