Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno, en contacto co Canadá por se é posible retomar a busca dos mariñeiros

O Goberno, en contacto co Canadá por se é posible retomar a busca dos mariñeiros

O ministro de Agricultura e Pesca dixo que o Executivo mantén o contacto para "aproveitar calquera oportunidade" de retomar os labores de rastrexo

Luis Planas trasladouse a Galicia para transmitir a dor do Goberno polo naufraxio

O ministro mantivo unha reunión na sede da Cooperativa de Armadores de Vigo con representantes do sector
G24.gal 17/02/2022 16:16

O Goberno de España mantén un "estreito contacto” coas autoridades canadenses coa intención de “aproveitar calquera xanela de oportunidade” que se presente para poder retomar a busca dos mariñeiros desaparecidos en augas de Terra Nova.

“Estamos en contacto coas autoridades canadenses en todo momento para seguir de preto a situación e ver se hai unha xanela de oportunidade”, dixo este xoves en Vigo o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas.

O ministro mantivo unha reunión na sede da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI), con representantes do sector en que tamén estiveron, entre outras autoridades, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o alcalde de Vigo, Abel Caballero ou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

A reunión, dixo Planas, serviu para “compartir a dor, o pesar, que temos todos, que ten toda España por esta traxedia que nos lembra ata que punto a actividade pesqueira non só é dura senón que ademais é moi perigosa”.

Preguntado repetidamente polas posibilidades de que se retome a busca dos tripulantes desaparecidos, suspendida este mércores, Planas explicou que as autoridades canadenses trasladaron ás españolas que as condicións do mar son actualmente de “extremo perigo”, como o foron nos dous últimos días".

É unha decisión da autoridade de rescate, neste caso da autoridade canadense”, sinalou Planas, quen subliñou que o Goberno de España está en “estreito contacto coas autoridades canadenses para aproveitar calquera xanela de oportunidade que puidese existir respecto diso”.

O ministro, tras a súa reunión en Vigo, desprazouse a Marín para atoparse con “persoas vinculadas a esta traxedia e mostrarlles a solidariedade e apoio do Goberno” e a decisión de facer canto estea na súa man para que sentan acompañados, “non só polo Goberno senón polo conxunto da sociedade española como sen dúbida o están”. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade