Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta inicia o proceso para elaborar unha lei de simplificación de trámites ambientais

A Xunta inicia o proceso para elaborar unha lei de simplificación de trámites ambientais

A conselleira de Medio Ambiente explicou que o obxectivo desta nova lei é tamén "adoptar a normativa galega á transición enerxética" e garantir "un equilibrio entre a protección do medio ambiente e o desenvolvemento económico"

A Xunta declara a mina de Cobre San Rafael no Pino e Touro proxecto industrial estratéxico

G24.gal 24/06/2024 13:59

A Xunta de Galicia iniciará mañá o proceso para elaborar unha Lei de tramitación ambiental simplificada para actualizar a lexislación nesta materia, xa que a última data de 1995, e reducir os prazos dos trámites que deben realizar os promotores dos distintos proxectos.

O presidente galego, Alfonso Rueda, na súa comparecencia tras o Consello da Xunta, asegurou que servirá para "dar seguridade xurídica" aos proxectos que se desenvolven en Galicia" e garantir aos cidadáns que o control da Administración será "estrito", xa que "todo o que se poida autorizar autorizarase e o que non, non poderá seguir adiante".

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, explicou que o obxectivo desta nova lei é tamén "adoptar a normativa galega á transición enerxética" e as recomendacións da UE, e garantir "un equilibrio entre a protección do medio ambiente e o desenvolvemento económico", apuntou Vázquez, quen dixo que a Consellería tramita a autorización duns 30 proxectos ao mes e non se poden "multiplicar os prazos", senón que hai que reducilos. 

A proposta sairá este martes a consulta pública, para recibir achegas ata o mes de setembro, cando se empezará a elaborar un texto articulado que espera que poida iniciar a súa tramitación no último trimestre do ano.

"Seguiremos traballando para facer de Galicia unha terra atractiva para investir, na que só terán cabida aqueles proxectos que respecten escrupulosamente a lexislación en materia medio ambiental", defendeu Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático. Ánxeles Vázquez explicou que a Xunta vai contar coa colaboración da Universidade na elaboración desta lei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos