Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno pide explicacións pola reunión de fiscais con Feijóo, que este enmarca na normalidade

O Goberno pide explicacións pola reunión de fiscais con Feijóo, que este enmarca na normalidade

Desde filas socialistas sinalan o encontro como "clandestino" e preguntan "que lles prometeu"

O líder do PP di que lles expuxo os seus compromisos para lograr unha Fiscalía independente

G24.gal 02/05/2023 15:12 Última actualización 02/05/2023 21:02

O ministro de Presidencia, Félix Bolaños, cargou contra o líder dos populares, Alberto Núñez Feijóo, por reunirse con fiscais conservadores. Reprochou a reunión a "escuras", "de maneira clandestina" de Feijóo coa Asociación de Fiscais.

Bolaños pediulle que expliquei que lles prometeu, tras publicar o xornal El País que os fiscais avogaron por derrogar varias leis da actual lexislatura, o que leva os socialistas para lanzar unha batería de preguntas sobre que normativas botará atrás: reforma laboral, eutanasia, lei de vivenda, subida das pensións?

Segundo o Goberno, "vese ás claras" que Feijóo non renova o Consello Xeral do Poder Xudicial e tampouco o Tribunal Constitucional porque pretende "seguir manobrando co poder xudicial na escuridade".

Pola súa parte Alberto Núñez Feijóo enmarca esa reunión con fiscais conservadores na normal invitación dunha asociación. Aos fiscais expúxolles os seus compromisos para lograr unha Fiscalía independente, que pasan por apostar pola carreira fiscal, non nomear como fiscal xeral a un membro do seu Goberno ou non dar postos a quen desempeñou un cargo político no últimos cinco anos.

Despois houbo "preguntas e respostas con normalidade", como en ceas con outras asociacións "con absoluta tranquilidade e transparencia", explicou Feijóo. Desde o PP agregan que non hai nada que ocultar e que o presidente dos populares celebra ceas con políticos e outros sectores, e estes encontros non figuran na súa axenda pública.

Nese sentido de "encontro de normalidade" tamén se pronunciou o vicesecretario do PP. Esteban González Pons, nun chío apuntaba que antes que Feijóo "a Asociación de Fiscais invitou a ceas ao minsitro Iceta ou á primeira Fiscal Xeral do Estado de Sánchez".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade