Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno reparte 2.800 millóns de euros para políticas activas de emprego

O Goberno reparte 2.800 millóns de euros para políticas activas de emprego

A ministra de Traballo di que é a cifra máis alta da historia dedicada a este tipo de políticas

Neste novo repartimento, o foco estará posto en parados de longa duración e os maiores de 45 anos

A ministra de Traballo di que as empresas non poden prescindir do talento dos maiores de 45 anos
G24.gal 11/04/2023 14:33

O Goberno reparte 2.800 millóns de euros entre as comunidades para políticas activas de emprego. A ministra de Traballo di que é a cifra máis elevada da historia destinada a estas partidas. 

Os parados de longa duración e as empresas de economía social serán as prioridades laborais. Agora as medidas de fomento do emprego xa non estarán tan centradas nos mozos. O foco pasará a estar nos parados maiores de 45 anos.  Segundo os cálculos do Ministerio de Traballo, en España hai aproximadamente 1.200.000 parados de longa duración.

Yolanda Díaz, considérao "o problema central do desemprego en España" e fai un chamamento aos empresarios para que contraten a estas persoas e valoren a experiencia "porque están no mellor da súa carreira profesional e non poden prescindir delas".

A distribución territorial definitiva destes recurso públicos aprobarase nunha Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais coas comunidades autónomas que se "celebrará nas próximas semanas", engade o Ministerio. O anuncio deste novo paquete de axudas para políticas activas de emprego chega a sete semanas das eleccións municipais e autonómicas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos