Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno reúnese co Comité do Transporte pero non coa plataforma convocante do paro

O Goberno reúnese co Comité do Transporte pero non coa plataforma convocante do paro

Na reunión participan a vicepresidenta de Economía e as ministras de Transportes e Facenda

Núñez Feijóo critica a inacción do Goberno ante o paro do transporte

G24.gal 21/03/2022 14:48

O Goberno, coa vicepresidenta económica, Nadia Calviño, á cabeza, volveu reunir este luns o Comité Nacional de Transporte.

Nel agrúpanse as grandes patronais do sector, pero non a plataforma que convoca o paro. Aínda así, todos comparten a idea de que o executivo ten que tomar medidas xa para baixar o prezo dos carburantes, sen agardar ao Consello de Ministros do 29 deste mes.

A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, que non participa nas conversas cos transportistas, tamén insta o Goberno a aprobar medidas "con prontitude, con urxencia, con rapidez". Para a tamén ministra de Traballo, "o Goberno ten que escoitar e creo que a situación é grave, hai causas que motivan que as persoas pidan medidas".

Neste oitavo día de paro, os camións volveron complicar, con marchas lentas, os accesos ás grandes cidades, como Bilbao ou Barcelona. A plataforma convocante asegura que non volverán á actividade mentres a ministra de Transportes non sente con eles.

E cada día que pasa, máis empresas ven bloqueada a súa actividade. A CEOE pide unha solución ao Goberno e condena "profundamente os actos violentos que provocaron unha parada xeralizada de moitos outros sectores, causando un dano irreparable". Para o seu presidente, Antonio Garamendi, "a policía tería que ter actuado antes".

Segundo o Ministerio do Interior, na primeira semana do paro, 44 persoas foron detidas e outras 377 investigadas por provocaren incidentes. Ademais, as forzas de seguridade escoltaron case dous mil convois de camións cargados con bens de primeira necesidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade